O Centro Galego de Tecnificación Deportiva acolleu este luns un encontro dos clubs da comarca coa secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, acompañada do xerente da Fundación Deporte Galego, Iván Clavel, e o director de zona de Abanca.

O motivo era oficializar o Plan de Patrocinios da fundación, custeado entre o organismo autonómico e a entidade bancaria, e que este ano chegará a máis dunha trintena de clubs da comarca.

En concreto a parte do programa de patrocinios presentada en Pontevedra inclúe a 38 clubs da zona, cun investimento que ascende a 501.830,36 euros, o 21% do total.

As entidades deportivas beneficiadas polas axudas presentadas este luns son: Club Náutico Umia, Club  Xuventude Baloncesto de Cambados, Club Cambados Tenis de Mesa, Club de Piragüismo  As Torres (masculino e feminino), Club Piragüismo Illa de Arousa, Asociación Educativa e Deportiva Ou  Fisgón,  Asmubal Meaño, Club Marítimo Deportivo e Cultural Breogán  Do Grove (masculino e feminino), Club Balonmán Porriño, Grupo Deportivo Supermercados  Froiz, Club Poio Fútbol sala, Club Kaiak Polo  Combarro, Club  Escola de Piragüismo Poio (masculino e feminino), Club Náutico Pontecesures (masculino e feminino), Sociedade Ximnástica de Pontevedra (masculino e feminino), Club Baloncesto Arxil, Sociedade Deportiva  Teucro Pontevedra,  Clube Cisne Balonmán, Pontevedra  C. F.  S.A.D. (absoluto e xuvenil),  Cidade de Pontevedra  FS, Club Halterofilia Rías Baixas, Club Naval de Pontevedra, Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra, Club Náutico Ría de Pontevedra, Club Piragüismo  Verducido- Pontillón, Tenis de Mesa Monte Porreiro (masculino e feminino), Club de Piragüismo  C. P.  Portonovo (masculino e feminino), Club Piragüismo Vilaboa, Agrupación Deportiva Cortegada e o Club Deportivo Vilagarcía Tenis de Mesa.

FUENTE Y FOTOS: PONTEVEDRAVIVA.COM