Marta Fernández foi convocada pola Federación Española de baloncesto para tomar parte na concentración preparatoria para o Campionato de Europa sub-20 de baloncesto.

A base do Club Baloncesto Arxil formará parte do grupo de 16 xogadoras que levarán a cabo os adestramentos en Azuqueca de Henares (Madrid) entre o 5 e o 8 de xuño.

A xogadora lucense deberá convencer ao seleccionador Isaac Fernández para facerse acreedora dunha praza final no plantel que tomará parte no torneo continental que se levará a cabo entre o 2 e o 10 de agosto na localidade portuguesa de Matosinhos.

Unha base en claro crecemento

Fernández asentouse esta temporada no baloncesto semiprofesional como base da escadra verde, na que foi a súa segunda temporada con licenza no club. Destaca polo seu atrevemento, a súa visión de xogo e a capacidade para revolucionar un partido dotándoo dun ritmo elevado.

Se ben as súas estatísticas non foron brillantes nun curso moi complicado para todo o colectivo arxilista, a miúda xogadora tivo partidos e momentos brillantes ao longo do campionato de Liga Femenina Challenge.

Convocatoria con moitas estadounidenses

Actualmente atópase xogando o Campionato Galego sub-22 coa bloque pontevedrés, que comezou a competición con dous claros triunfos e é un dos aspirantes a facerse co título.

Ademais de Marta Fernández, estarán en Azuqueca outras quince xogadoras, das cales moitas compiten en universidades estadounidenses: Laia Conesa (Kansas Jayhawks), Aina Ferri (Fustecma Castellò), Marta Alsina (Washington St. Cougars), Sofía Alonso (Sacramento Hornets), Inés Monteagudo (Boston U. Terriers), Judith Valero (Fiu Panthers), Carla Viegas (Florida St. Seminoles), Inés Sotelo (Michigan St. Spartans), Blau Tor (Columbia Lions), Cristina Sánchez (Arkansas Razorbacks), Marina Mata (AE Sedis Basket Cadi La Seu), Lara Alonso-Basurto (Cesur Distrito Olímpico), Alba Caballero (La Cordà Paterna), Lucía Navarro (Oregón St. Beavers) e Shaila Nde Akawung (Siglo XXI).


Puedes leer el artículo completo en Diario de Pontevedra