Ultímanse os detalles para o Campionato de España de Clubs Júnior Masculino 29/04/2013

A Federación Española de Baloncesto celebrará o Campionato de España
de clubs Júnior Masculino nas localidades galegas de MARÍN (sede principal),
PONTEVEDRA e CAMBADOS (sedes auxiliares). O éxito de celebración nesta zona
do pasado campionato en categoría cadete foi o mellor aval para que a FEB optase
por repetir localización, esta vez cun campionato de maior envergadura como é o da
categoría júnior.

O Campionato de España de Clubs Júnior Masculino vivirá este martes, 30 de
abril, a primeira das súas accións importantes: o imprescindible sorteo de calendario,
que terá lugar, neste caso, no salón de plenos do Concello de Marín (13.30h) e no que
serán protagonistas un total de 32 equipos, entre os que estarán os galegos: MARÍN
PEIXEGALEGO (Marín), ESTUDIANTES DE LUGO (Lugo) e ROSALÍA DE
CASTRO (Santiago).

Esta cita deportiva estatal traerá consigo sete días completos (do 12 ao 18 de maio) de
ambiente baloncestístico, así como unha boa achega económica ao sector hostaleiro da
zona, dado que se estima unha presenza de espectadores superior aos 3500.

Organización
A Concellaría de Deportes do Concello de Marín será a organizadora directa do
Campionato, contando coa indispensable axuda dos catro clubs das tres localidades
implicadas: Club Baloncesto Peixefresco Marín (Pavillón da Raña – Marín), C.B.
Arxil (Pavillón do CGTD – Pontevedra), Estudiantes Pontecedra (Pavillón do CGTD –
Pontevedra) e Xuven Cambados (Pavillón do Pombal – Cambados).

O Campionato estenderase desde o 12 de maio ata o 18 de maio, repartíndose do
seguinte xeito:

12, 13 e 14/05/13: FASE REGULAR (Sedes Marín, Pontevedra e Cambados)
15/05/13: OITAVOS DE FINAL (Sedes Marín e Pontevedra)
16/05/13: CUARTOS DE FINAL (Sede Marín)
17/05/13:SEMIFINAL E 5º Ao 8º (Sede Marín)
18/05/13:FINAL (Sede Marín)

 

descarga