ESCOLA DEPORTIVA DE PROMOCIÓN MUNICIPAL DE BALONCESTO 25/26
Un ano máis, o Club Baloncesto Arxil organiza a Escola Deportiva de Promoción Municipal de Baloncesto, financiada polo Concello de Pontevedra a través do Servizo de Deportes.
Trátase dunha actividade non competitiva, con dous adestramentos semanais repartidos en grupos por idade, nos días e no horario que se reflicte na folla de inscrición. Dará comezo o 1 de outubroe finalizará o 29 de maio, tendo un custo único de 70 € por curso.
O prazo de inscrición é no mes de setembro, comezando o día 15 dende as 00:00 horas e remata o día 30 as 23:59 horas.
Poderase descargar a ficha de inscrición no seguinte enlace, que debedes cubrir e asinar tanto o/a participante como o/a titor/titora legal, así como a autorización de tratamento de datos. Deberedes enviar a ficha cuberta, así como o xustificante de pago e a tarxeta sanitaria, por correo electrónico ao enderezo info@arxil.es
Pola mesma vía confirmarase a recepción de solicitude, e unha vez rematado o prazo de inscrición, comunicaremos a admisión ou non na actividade. No caso de que haxa máis solicitudes que prazas ofertadas, darase prioridade por orden de inscrición, e devolverase a cota a aqueles participantes non admitidos.
Na folla de inscrición atoparedes tódala información referida á actividade, así como un teléfono de contacto ao que poderedes chamar ou comunicar vía whatsapp para resolver calquera dúbida.