El club Baloncesto Arxil invita a todas las niñas de los colegios de Pontevedra y alrededores a formar parte de la escuela municipal de deportes de Pontevedra .
Los días de entreno durante este mes de septiembre serán los martes ,jueves y viernes de 17:00 a las 20h en las magníficas instalaciones del pabellón universitario .
DURANTE ESTE MES DE SEPTIEMBRE LOS ENTRENAMIENTOS SERÁN DE PUERTAS ABIERTAS PARA TODOS AQUELLOS QUE QUIERAN VENIR A PROBAR Y JUGAR AL BALONCESTO CON NOSOTROS
Estáis todos invitados las niñas de las siguientes categorías:
NIÑAS EN EDAD BABYBASKET (2010-2011-2012)
NIÑAS EN EDAD PREMINIBASKET (2008-2009)
NIÑAS EN EDAD MINIBASKET (2006-2007)
NIÑAS EN EDAD INFANTIL (2004-2005)
NIÑAS EN EDAD CADETE (2002-2003)
No imprescindible experiencia, simplemente necesitamos gente con ganas de probar la experiencia del basket, con ganas de aprender, de entrenar y compromiso.
Para inscribirse hay que seguir los siguientes pasos
1. FASE DE PRE-INSCRICIÓN
Nesta nova fase na matriculación nas Escolas Deportivas Municipais 2017 – 2018 de “pre-inscrición” non haberá que presentar ningunha documentación persoal agás o formulario oficial totalmente cuberto, pero nin DNI, nin seguros, nin pagos en bancos, nin nada de nada, agás o formulario oficial.
Neste prazo de pre-inscrición non se adxudica a praza na Escola Deportiva Municipal desexada, xa que en caso de que houbera máis demanda que oferta, habería un sorteo público a vindeira semana entre todas as solicitudes presentadas, presencialmente ou por Internet, para esa Escola tan demanda.
1.1. PRE-INSCRICIÓN PRESENCIAL (FORMA E PRAZO)
PRAZO: dende o luns 11/IX ao venres 15/IX
HORARIO: de 08.00 a 13.30 e de 17.00 a 22.00 horas
LUGAR: Pavillón Municipal de Deportes (r/ Juan Manuel Pintos, s/nº)
É O MESMO QUE TE PRE-INSCRIBAS O LUNS ÁS 08.00 OU O VENRES ÁS 21.59 HORAS, OU QUE O FAGAS POR INTERNET, TERÁS AS MESMAS OPORTUNIDADES.
1.2. PRE-INSCRICIÓN POR INTERNET (FORMA E PRAZO)
PRAZO: dende o luns 11/IX ao domingo 17/IX
HORARIO: dende o luns 11/IX ás 00.01 ata o domingo 17/IX ás 23.59 horas
LUGAR: Sede Electrónica do Concello de Pontevedra http://sede.pontevedra.gal/ no procedemento 206 dos tramitables electrónicamente
É O MESMO QUE TE PRE-INSCRIBAS O LUNS ÁS 00.30 OU O DOMINGO ÁS 23.10 HORAS, OU QUE O FAGAS PRESENCIALMENTE, TERÁS AS MESMAS OPORTUNIDADES.
2. FASE DE INFORMACIÓN PROVISIONAL
Presentaranse os listados provisionais de pre-inscritos en cada Escola Deportiva Municipal.
PRAZO: mércores 20/IX e o xoves 21/IX
HORARIO: 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 22.00 horas
LUGAR: no taboleiro oficial do Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra (r/ Juan Manuel Pintos, s/n), na páxina oficial de Facebook “Deportes Pontevedra”, e na páxina web oficial do Concello de Pontevedra http://www.pontevedra.gal/ (na área de Deportes).
En caso de que algunha persoa detectara algunha incidencia nos listados provisionais poderá comunicalo durante o propio mércores 20/IX e xoves 21/IX en horarios de 08.30 a 14.30 horas nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes do Concello de Pontevedra (Pavillón Municipal de Deportes, r/ Juan Manuel Pintos, s/nº) ou telefonicamente no 986 872 013 ou por correo-e en admindeportes@pontevedra.eu
Os listados das Escolas Deportivas Municipais na que a demanda supere á oferta serán anunciados expresamente para que as persoas interesadas podan acudir, se así o desexan, á fase de sorteo; nas Escolas Deportivas Municipais que a demanda non supere á oferta, serán anunciadas expresamente que non teñen que participar na fase de sorteo e polo tanto estarán pre-inscritos pendentes da posterior inscrición en forma e prazo.
3. FASE DE SORTEO
Só para aquelas Escolas Deportivas Municipais nas que houbera máis demanda que oferta, farase un sorteo público do que sairán os listados definitivos:
DÍA: venres 22/IX
HORARIO: ás 12.00 horas
LUGAR: Servizo Municipal de Deportes do Concello de Pontevedra (Pavillón Municipal de Deportes, r/ Juan Manuel Pintos, s/n)
4. FASE DE INFORMACIÓN DEFINITIVA
Publicaranse os listados do seguinte xeito:
DÍA: luns 25/IX
LUGAR: no taboleiro oficial do Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra (r/ Juan Manuel Pintos, s/n), na páxina oficial de Facebook “Deportes Pontevedra”, e na páxina web oficial do Concello de Pontevedra http://www.pontevedra.gal/ (na área de Deportes).
5. FASE DE INSCRICIÓN FINAL
Para recoller as fichas oficias, segundo apareza o participante nos listados oficiais, e presentalas totalmente cubertas nun prazo máximo de 48 horas dende o momento da recollida, xunto co DNI do/a representante legal do/a menor, tarxeta sanitaria do/a menor, e xustificante do pagamento da inscrición.
PRAZO: Dende o martes día 26/IX ata o venres 29/IX
HORARIO: de 08.00 a 13.30 e de 17.00 a 22.00 horas
LUGAR: Pavillón Municipal de Deportes, r/ Juan Manuel Pintos, s/nº