Un ano máis, e van 16, a Avenida Montero Ríos será escenario do Torneo 3×3 na Rúa de baloncesto escolar, convertendo o céntrico paseo nunha gran cancha de baloncesto.
Trátase de «unha xornada de festa, de pasalo ben», recalcou na presentación do evento Mayte Méndez como responsable da organización, a cargo do Club Baloncesto Arxil.
En total participarán no torneo máis de 1.000 alumnos, de 3º a 6º curso de Primaria, dos centros San José, San Bieito de Lérez, Froebel, Barcelos, Campolongo, Manuel Vidal Portela, Carballal, Álvarez Limeses, Calasancias e Doroteas, ademais da Asociación Virgen de la O.
Nas 30 canchas de baloncesto que se instalarán na rúa xogaranse ata 600 partidos entre os diferentes equipos
O Torneo 3×3 na Rúa do Arxil dará comezo este xoves 8 de xuño ás 9:45 horas e concluirá ao redor das 13:00 horas, sendo posible grazas á colaboración dos monitores do propio club e de 71 profesores dos diferentes centros escolares participantes.
FUENTE: PONTEVEDRAVIVA.COM