A iniciativa didáctica que a FGB pon ao alcance dos técnicos de toda a Comunidade para que amplíen as súas vías formativas chegou a Pontevedra (Instalación Deportiva Príncipe Felipe) o domingo, oito de febreiro (17:30 h); cunha renovada sesión que correu a cargo do adestrador axudante do Río Natura Monbus Obradoiro, Víctor Pérez.

O compostelán impartiu unha charla cuxa temática afondou no “traballo específico con xogadores interiores”, cuestión que se abordou para, gracias á súa experiencia, servir de aprendizaxe a todos os participantes.
Nesta sesión asistiron a xogadora do Arxil Fallon Lewis e os entrenadores María Teresa Méndez, Juan Domínguez, Nerea Corredera, Ramón Soage, María Alonso, Cuco Rodríguez…
O C.b. Arxil colaborou coa inicitiva da aula de adestradores da Fegaba.

B