CORTE2

Despois de parón do pasado fin de semana o Club Baloncesto Arxil retoma a competición co obxectivo de manterse nos postos de privilexio da Liga Feminina 2.

Para iso as verdes deberán superar ao último clasificado, o Pabellón Ourense, no choque que se disputará este sábado no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (19:30 horas).

Mayte Méndez quere evitar un exceso de confianza das súas xogadoras ante un rival que dende o club, malia todo, consideran perigoso e cun quinteto inicial «moi potente».

O Pabellón, que ten un partido menos polo aprazamento do seu duelo ante o Cortegada, aínda non estreou a súa cuadrícula de vitorias na competición, pero puxo en moitos apuros equipos como o Celta ou Universidad de Valladolid.

O Pavillón Ourense é un equipo moi duro en defensa, que sabe ben ao que xoga e se se lle deixa marcar o ritmo de xogo pode poñer en apretos a calquera.
Eles contaron ata o momento con nove xogadoras, onde Rios con 66 puntos e Mallou con 65 son os seus máximos expoñentes, seguidas por Bellido con 40 e Oliva con 38, e para pechar o cinco inicial Rollan con 25 e dende o banco Olga con 14, completan Sara con 6, Neto con 5 e Alvarez 3.

No Arxil esperan xa que chegue este partido, xa que os 15 días que pasaron fixéronse longos, pero a pesar deste parón esperan poder manter o ritmo de xogo que foron capaces de levar durante os seis primeiros partidos de liga.
A directiva do Arxil fai un chamamento á afeción pontevedresa a que o sábado ás 19,30h no CGTD estean a animar ao equipo.

No Arxil, salvo Fany e coa dúbida de Cristina, todas as xogadoras estarán a disposición do corpo técnico.