Como cada ano, o CB Arxil organiza o Torneo Urbano 3×3 de Baloncesto que se celebrará na Praza de España ao longo do sábado 24 entre as 11:00 e a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

Para esta edición, onde cumpren a maioría de idade, terán unha serie de novidades, segundo explicou Maite Méndez, adestradora do Arxil.

Por unha banda, no Torneo 3×3 participarán equipos de entre tres e cinco xogadores e xogadoras de categorías benjamín, minibasquet, infantil, cadete, junior e senior masculino e feminino. Tamén se fará un concurso de tiros libros para os máis pequenos e o Trofeo Thiago Gómez Lor de triplos para os apuntados en cadete, junior e senior.

Para este último farase unha eliminatoria onde «el ganador participará en el concurso de triples solidarios EncestaRías de Vilagarcía», explicou Mayte. O torneo celebrarase o 7 de setembro e competirán co campión e cun xogador para designar polos equipos participantes: Obradoiro, San Pablo Burgos, Real Betis, e Alba Berlín. 

O desenvolvemento deste último terá dúas fases previas, unha en Pontevedra e outra en Vilagarcía. A dinámica do torneo consistirá en que os participantes terán que lanzar triplos durate un minuto e cun máximo de tres oportunidades por cada fase previa. Maite destacou que «por cada intento tendrán que aportar un quilo de alimentos no perecederos que será donado al comedor de San Francisco».

A entrega de trofeos realizarase a partir das 20:30 na Praza de España onde os campións de cada categoría recibirán unha serie de trofeos e medallas, un lote de produtos das empresas patrocinadoras do evento e un premio económico aos dous primeiros clasificados en categoría senior, tanto masculina como feminina.

Así mesmo, entregaranse trofeos a todos os clasificados en primeiro e segundo lugar de cada categoría e aos campións e subcampións dos torneos de triplos e tiros libres.

Para a presentación da competición estiveron Milagros Sanmartín, presidenta Arxil; Maite Méndez, adestradora; Iván Villar, organizador do torneo EncestaRías; Antonio de Cora, representante do Diario de Pontevedra; Daniel Benavides, xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta; e o concelleiro de Deportes, Tino Fernández.