A piques de cumprir 40 anos, o CB Arxil continúa a ser un dos gran referentes do baloncesto feminino galego ► O club verde conta con máis de 200 deportistas que soñan con alcanzar o primeiro equipo, que milita en LF2.

En agosto de 1984, un grupo de xogadoras, afeccionadas e afeccionados ao baloncesto decidiron dar o paso de fundar o CB Arxil na cidade de Pontevedra para abastecer as necesidades do básquet feminino na capital. Milagros Sanmartín San, Maite Méndez, Lino Vázquez, Arturo Ameneiro, Belén Lorenzo, Montse Jáudenes e Guillermina Martínez deron vida a unha entidade que hoxe é un referente no ámbito galego. Decidieron que San fose a encargada de asumir a presidencia da nova entidade, por ser a máis nova do grupo.

Así viña ao mundo un club que o ano que vén cumprirá 40. No ático do número 13 da rúa San Nicolás cobraba vida un proxecto que desde o primeiro momento mantén a mesma filosofía. «La primera idea es promocionar el baloncesto base femenino dentro de la ciudad y la comarca. Y creo que se ha recogido la semilla. Si ahora mismo hay tantos clubs, es que algo habremos hecho bien», explica o vicepresidente da entidade, Lino Vázquez, un dos tres superviventes da directiva orixinal, xunto con San e Maite Méndez.

Actualmente, o club conta cun equipo de baby básquet, catro de categoría preminibásquet, tres de minibásquet, dous infantís, dous cadetes, un xúnior, o Mafari de Primeira Nacional e o de Liga Feminina Dos.

Máis de 200 xogadoras forman parte do proxecto, que conta coa presenza de adestradores titulados que intentan traballar desde o aspecto lúdico e formativo, pero tamén desde o competitivo.

A entidade procura sempre un sentido de pertenza que este ano se cumpriu dunha forma intensa, coa participación de ata catro xogadoras do equipo de LF2 como adestradoras de base: Nena Trajchevska, Andrea Glomazic, Heather Forster e Margarita Moreira.

A nivel competitivo, a entidade conseguíu clasificar a tódalas súas escadras na presente campaña en categoría de ámbito galego. O conxunto infantil coa permanencia garantida, o cadete, co descenso xa selado.

Na presente campaña, varias mozas da base pudieron competir xa co segundo equipo en Primeira Nacional, con ata tres cadetes xogando.

Creo que la cantera está dando sus frutos. Empezamos a ver brotes verdes, partiendo desde el infantil»

«Creo que la cantera está dando sus frutos. Empezamos a ver brotes verdes, partiendo desde el infantil», explica Vázquez, que sabe que o obxectivo é formar xogadoras que sexan quen de alcanzar unha praza no equipo de Liga Femenina Dos.

A entidade mantén agora un convenio de colaboración co CAB para aproveitar sinerxias. «Si estamos unidos, estaríamos más arriba», explica Vázquez, aberto a acordos de maior calado de cara ao futuro co conxunto amarelo e azul.

O seguinte paso é a participación na nova liga sub-22 fundada pola Federación, que debutará o próximo mes de maio, e na que a entidade inscribirá un equipo composto por xogadoras do Mafari, do cadro xuvenil e do cadete.

FUENTE: DIARIO DE PONTEVEDRA