Despois de lograr a semana pasada a terceira vitoria desta tempada ante a súa afección, o Arxil desprazouse ao País Vasco para enfrontarse ao recentemente ascendido pero complicado Barakaldo. Aínda que durante o partido mantívose a tónica da igualdade, as de Mayte Méndez deixaron escapar os puntos no último cuarto.

O Arxil saíu mal á cancha anotando un tiro libre durante os primeiros 5 minutos de xogo e deixando unha lixeira vantaxe de 7 puntos ao seu rival.

Ante esa situación, a adestradora pontevedresa pediu un tempo morto para reordenar o sistema de xogo das súas xogadoras, tras o cal conseguían recortar distancias cun triplo e un tiro de dous de Forster, canastras que lle serviron para recuperar confianza e chegar ao final do primeiro cuarto a tan só dous puntos do Barakaldo (19-17). 

O segundo cuarto estivo máis igualado. A boa actuación do conxunto verde fixo que igualase o partido por momentos pero finalmente chegouse ao descanso cun resultado de 42-38.

Tras o intermedio, o conxunto vasco empezou a abrir unha renda de 10 puntos que se ampliou a 14 antes de chegar ao último cuarto, poñendo as cousas difíciles ao Arxil. As desvantaxe cada vez era maior, con todo as de Pontevedra non tiraron a toalla e aos poucos reduciron a distancia en 3 puntos cando quedaban pouco máis de 2 minutos de partido, pero as faltas persoais ás vascas volveron afastalas para chegar ao final do partido cun resultado de 76-71.

Consulta as estatísticas do Barakaldo-Arxil.

FUENTE: PONTEVEDRAVIVA.COM