O Club Baloncesto Arxil desprazouse esta fin de semana a Madrid para enfrontarse ao Real Canoe na undécima xornada de Liga Feminina 2 e penúltima antes do parón do Nadal. 

As de Mayte Méndez, que viñan de encaixar unha dura derrota en casa fronte ao Baxi Ferrol, buscaban acabar coa mala serie vencendo ás madrileñas, pero finalmente acabaron cedendo nos últimos minutos e caeron por 76 a 61.

O choque non empezou ben para as de Pontevedra que, a pesar de arrincar metidas no partido con poucas perdas de balón, a iniciativa no marcador levouna en todo momento o seu rival, chegando ao final do primeiro cuarto cun resultado de 25-17.

O Arxil tentaba facer dano coas canastras de Forster, grazas á cal conseguiron recortar a distancia no marcador en tres puntos poucos antes de chegar ao descanso. Con todo, os tiros desde a liña de tres por parte do Canoe marcaron a diferenza, que aumentou ao final do segundo cuarto en 43-34.

Tras o paso polo vestiario, chegou o mal momento do Arxil. O seu rival seguía mandando no marcador e cada vez de maneira máis contundente, logrando distanciarse en ata 14 puntos, pero de novo aparecía Forster que, acompañada de María Lago, reducía esa renda para chegar á recta final do partido con parcial de 59-52 e todo por decidir.

Empezaba o último cuarto e o Arxil saía a por a vitoria volvendo reducir a distancia co seu rival en 4 puntos a falta de 7 minutos para o final (61-57). De nada serviu, xa que o Canoe retomou o control para marcharse de novo no marcador e impoñerse de maneira clara realizando 15 puntos fronte aos 4 das de Pontevedra.

Co 76-61 final, o Arxil suma a súa quinta derrota consecutiva e oitava en liga. A próxima semana recibirán ao Cortegada, que conta con dúas vitorias e oito derrrotas na súa marcadora, a expensas do que faga ante o Pozuelo.

Consulta as estatísticas do Real Canoe-CB Arxil na seguinte ligazón.

Fuente: Pontevedraviva.com