Un ano máis, o Club Baloncesto Arxil organiza a Escola Deportiva de Promoción Municipal de Baloncesto, financiada polo Concello de Pontevedra a través do Servizo de Deportes.
Trátase dunha actividade non competitiva, con dous adestramentos semanais repartidos en grupos por idade, nos días e no horario que se reflicte na folla de inscrición. Dará comezo a semana do 2 de outubro e finalizará o 31 de maio, tendo un custo único de 50€ por curso.
A partir do 17 de setembro poderase descargar a ficha de inscrición no seguinte enlace, que debedes cubrir e asinar tanto o/a participante como o/a titor/titora legal, así como a autorización de tratamento de datos. Poderedes enviar a ficha cuberta por correo electrónico ao enderezo info@arxil.es, ou ben entregala no Pavillón Universitario no horario establecido segundo o ano de nacemento do/da participante.
O prazo de inscrición finaliza o día 30 de setembro.
Recibiredes a confirmación da admisión na actividade mediante correo electrónico, e nese momento faredes o ingreso da cota no número de conta que aparece na inscrición, indicando no asunto “Escola Municipal + Nome e apelidos do/da participante”. Xunto co xustificante de pago, enviaredes por correo electrónico ou entregaredes no pavillón o resto de documentación que se solicita (copia da tarxeta sanitaria e do DNI do/da participante, ou do/da titor/titora legal, no caso de que non dispoña de DNI).
Na folla de inscrición atoparedes toda a información referida á actividade, así como un teléfono de contacto ao que poderedes chamar ou comunicar vía whatsapp para resolver calquera dúbida.