O Club Baloncesto Arxil pasou por encima este sábado ao Maristas Coruña, que chegaba invicto á cita pero nada puido facer para conseguir a súa sétima vitoria consecutiva deste curso.

As de Mayte Méndez conseguiron neutralizar por completo o ataque rival desde o primeiro cuarto, no que fixeron un 23-13.

Aínda que o segundo parcial foi máis igualado e decidiuse a favor das visitantes por un punto, o resultado ao descanso foi de 37-28.

Despois do paso polos vestiarios a igualdade mantívose (19-18 no terceiro cuarto), pero nos 10 últimos minutos o Arxil brillou en todas as facetas e noqueó por completo ao Maristas, que nada puido facer para deter a hemorraxia (80-56).

Forster, con 35 de valoración, foi a mellor xogadora local, seguida de María Lago, con 24 e Glomazic con 21.

Consulta a acta nesta ligazón

FUENTE: PONTEVEDRAVIVA.COM