Comeza a segunda volta da Liga Feminina 2. Este sábado (18 de xaneiro, ás 18.30 horas), o pavillón de Navia acollerá o primeiro duelo galego da competición entre o Celta Zorka Recalvi e o C.B. Arxil. Para analizar a previa do partido, As Nosas púxose en contacto coa adestradora do conxunto pontevedrés, Maite Méndez (1961).

Antes de falar sobre o duelo, ela mesma contounos que leva case toda a súa vida ligada ao baloncesto. Máis concretamente, a este club, desde que se creou a liga na que se atopan, na tempada do 2001/02.

– As Nosas: Muller e adestradora. Houbo que derrubar teitos de cristal para chegar a adestrar un equipo desta categoría ou foi un camino natural?

Maite Méndez: O meu foi un camiño natural, xa adestraba ao equipo senior de 1º División Nacional. Houbo e hay que derrutar teitos de cristal.

Se fas unha revisión de cantas mulleres forman parte dos corpos técnicos das categorías FEB levarías unha sorpresa. Apóstase pouco polo deporte feminino. Eu ademais non me adico profesionalmente ao baloncesto.

– As Nosas: A nivel galego, Cristina Cantero e ti sodes as únicas adestrando a un equipo feminino da Liga Feminina 2. A nivel nacional, súmase Beatriz Pacheco no Patatas Hijolusa. Que sería necesario para que fórades máis mulleres?

Maite Méndez: Socialmente aínda é complicado conciliar. Dirixir un equipo obrígache a viaxar, adestrar… Precisas moito apoio da familia e inferir un cambio de mentalidade teu ou do teu entorno.

Segue sendo unha transformación da sociedade, que segue en marcha. Non podemos parar e hai que apoiar as que queiran estar nas bancadas. Cumplimentar con medidas que lles permitan conciliar coa maternidade por exemplo.

– As Nosas: Inicio da segunda volta da competición. Cal é o obxectivo que se propón o Arxil?

Maite Méndez: Pois como na primeira volta, segue a ser o título de manter a categoría. Apostamos por unha liña de traballo e nos falta consolidar resultados. Pelexaremos por mellorar o rendemento e os resultados, aínda que completamos partidos bos nos falta constancia.

– As Nosas: Vides de perder ante o Laboratorios Ynsadiet Leganés. Como está o equipo de cara a este duelo galego?

Maite Méndez: Traballamos para crecer cada semana, pero non nos estan saíndo ben as cousas. Queremos mellorar ofensivamente, o equipo está motivado. A ver se podemos afrontalo con todo o plantel sen molestias que estan sendo outro dos condicionantes esta tempada. Problablemente o que máis.

– As Nosas: O tema das baixas está moi presente no plantel. Que xogadoras están descartadas para esta gran cita?

Maite Méndez: Natalia López manten a recuperación en prazos pero non estará. Violeta Crespo comezou a semana pasada a adestrar despois dun mes parada. Sen embargo, con Alex Ghisleni non contaremos por motivos persoais o resto da tempada. Espero recuperar a todas aquelas que desde a semana pasada cun proceso gripal e estaremos para o encontro.

– As Nosas: Agora contas cunha nova xogadora. O Arxil fichou no mercado de inverno a Johanna Puchetti, ¿Cal é o punto forte desta nova xogadora?

Maite Méndez: Johanna Puchetti penso que é unha xogadora moi intensa en ataque, e tamén, en defensa. E moi comprometido e ademais axudaranos a sumar que é o obxectivo inicial.

– As Nosas: Seguimos falando de Johanna, que pode aportar o equipo esta nova incorporación?

Maite Méndez: Pois pode apurar madurez, carácter, estabilidade e sobre todo anotación.

Maite Méndez (Arxil): “O que nos falta é consolidarnos en ataque e defensa”

– As Nosas: O Celta é sétimo na copetición e ven de gañar na súa cancha contra o Pozuelo. É un rival forte?

Maite Méndez: Sí ten moito potencial. Sempre é un rival duro, difícil de vencer e con moito traballo por detrás.

– As Nosas: Perdéchedes no primeiro partido da competición por 20 puntos no CGDT. A xogadora que vos fixo 11 puntos, Helmi Toulonen xa non está. Que dirías que é o máis temido do Celta?

Maite Méndez: O máis temido en xeral é o plantel, é decir, o fondo da bancada. É verdade que na xornada 1 perdimos na casa pero fixemos un gran partido contra elas e o que faiou foi o último cuarto, que non estivemos moi acertadas.

– As Nosas: Sen coñecer a vitoria desde o pasado 9 de novembro, ante o Añares Rioja. Aínda así as xogadroas seguen moi firmes. Cal é a peza clave deste plantel?

Maite Méndez: A base do Arxil de Liga Feminina 2 é solida. Fáltanos consolidarnos a nivel ofensivo e defensivo por momentos de partido e crer no potencia que temos como equipo. Motivadas e sendo capaces de facer o noso xogo. Penso que competimos ben. Eso é o que queremos nesta primeira xornada da segunda volta.

FUENTE: Patri Campos (ASNOSAS)