María Lago está de volta. A aleiro porriñesa regresou ao Club Baloncesto Arxil despois de comunicarlle á directiva do club a súa intención de retirarse ao remate da pasada campaña.
A xogadora participou nos dous primeiros partidos da temporada coa escadra pontevedesa sen apenas adestramentos e despois de mentalizarse co seu adeus desde a primavera pasada.
«Al finalizar la temporada, informamos al club de que nuestra intención era dejarlo«, explica a xogadora, que fala en plural referíndose tamén á súa compañeira e amiga inseparable Carla Fernández, coa que forma un dos tándems con máis partidos da historia da entidade.
«Veníamos de dos lesiones largas y nuestro planteamiento era intentar recuperarnos, acabar la pasada temporada bien y después decidirlo. Llega un momento de una carrera deportiva en la que tienes que saber retirarte».
De aí que nada máis producirse o último asubío do último partido do exercicio 22-23, tanto Fernández como Lago tiñan a certeza absoluta de que era o seu último momento nas canchas. «Estábamos convencidas de que no seguíamos».
«Estábamos convencidas de que no seguiríamos. Llega un momento en el que tienes que saber retirarte»
Pero o club non estaba polo labor de que dúas baloncestistas de tanta relevancia e peso específico no vestiario e historia do equipo abandonasen a súa disciplina. Así que os responsables deportivos manifestáronlles que «querían contar con gente como nosotras».
Durante o verán, a porriñesa abandonou o contacto co baloncesto. Adestrou pola súa conta e participiou nalgún 3×3, pero deixou atrás o 5×5. Non realizou a pretemporada nin pensaba en volverse embutir de verde.
Pero entón produciuse a lesión no nocello de Carolina Bernardeco. A base portuguesa mancouse no último envite de pretemporada e a dirección deportiva arxilista volveu á carga con Lago.
«Al final me convencieron. Por todos los años que llevaba en el club, por la relación con las jugadoras y con la gente del Arxil y por Maite»
E nesas circunstancias, non foi difícil recuperala para a causa. «Al final me convencieron. Por todos los años que llevaba en el club, por la relación que tengo con las jugadoras y con la gente del Arxil, por Maite, por todos», explica a porriñesa, que vive en Vigo, traballa en Vilagarcía e adestra e xoga co Arxil en Pontevedra e por España adiante. Ninguén lle pode dicir que non se implique.
Agora está a xogar cun déficit de preparación física e rodaxe con respecto ás súas compañeiras e ás rivais, debido á súa ausencia durante as cinco semanas de pretemporada. Pero para compensalo estivo a enerxía que lle deu o recibimento do grupo, practicamente o mesmo do curso pasado. «Me demostraron toda su alegría de volver a verme».
Agora só lle resta agardar que Carla Fernández tome o mesmo camiño, aínda que polo de agora os problemas no xeonllo da viguesa non lle permiten nin parar a pensalo.
FONTE: DIARIO DE PONTEVEDRA