O próximo mes farán tres anos desde que Araceli Oubiña cambiou a acción pola memoria do recordo dunha muller combativa que encarou ata o derradeiro minuto da súa vida o cancro de mama metastásico. O seu e o de todas as mulleres que o padecen ou o vaian sufrir no futuro. Deportista de raza ademais de peza fundamental na asociación nacional que traballa a prol da investigación dunha cura para a enfermidade que a acabou levando, Araceli volverá ser recordada este domingo polo primeiro club da súa carreira como xogadora de baloncesto, na segunda edición do Memorial Araceli Oubiña que organiza o Xuventude. 

A súa presidenta, Julia Cacabelos, o alcalde de Cambados, Samuel Lago, e a concelleira de Deportes, Noelia Gómez, presentaron onte o Maristas Coruña e o CB Arxil como os dous equipos que se enfrontarán o domingo ás 12 no pavillón do Pombal. Alí, quen o desexe, poderá contribuír cun donativo ao financiamento da asociación contra o cancro metastásico. 

O CB Arxil e o Maristas de Coruña volverán enfrontarse este domingo ás 12 horas no Pombal e para ambos será a última proba de pretemporada antes do comezo da liga o vindeiro sábado 7 de outubro ás 19:30 horas no cgtd ante o Miralvalle. Na Copa Galicia, os coruñeses venceron en Pontevedra por 69-76, onde Basaez con 21 puntos, Eugenia con 11, Andrea con 12 e Vuloviv con 10 e Pacheco con 12 e chegaran máis adiantados que os pontevedreses. 

Os verdes chegan a este encontro con dous partidos disputados en Ermesinde con bos resultados, pero coas dúbidas de Marga, Marta e pode haber noticia da nova xogadora do Arxil Mafari Café Marta Mestre que comezou a adestrar esta semana.Non obstante, Lino Vázquez He dinos que non imos arriscar a ningún xogador