O Club de Baloncesto Arxil, que este ano está a sufrir para manterse na categoría, ten nos seas dous próximos partidos, os cales disputará como local, a posibilidade de conseguir un par de vitorias que lle axuden a respirar máis tranquilos de aquí a final de tempada. Desde o club transmiten tranquilidade, a capitá descarta calquera tipo de presión: »Non, non sentimos presión. Nós imos gozar, a estar tranquilas e xogar como sabemos»

A capitá tamén comentou a recente incorporación de Johanna Puchetti: »A fichaxe de Johanna vai ser moi favorable, vai dar calidade, hase integradoo moi ben na nosa forma de xogar e aparece para estes dous partidos claves. En canto á situación do equipo, di que queren recuperar sensacións, e demostrar que son un equipo que se caracteriza pola súa garra para darlle a volta a esta situación»

Joahanna tamén falou sobre a súa situación e a do club. Di que está moi contenta de unirse ao equipo e que vén sumar. En canto á situación actual do equipo explicou: »Os resultados non acompañan pero hai moito sobre o que traballar. É importante que a xente veña a apoiar este sábado ao equipo. Son dous partidos que nos salvan a categoría. O merecen como equipo e como institución»

Desde o club fan un chamado a todas aquelas persoas afeccionadas ao deporte e á poboación en xeral pra animar ao Arxil nestes partidos tan importantes. Os partidos xogaranse no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e a entrada será gratuíta para todos aqueles que queiran ver o partido.

FUENTE: PONTEVEDRAVIVA.COM