Os cambios no Arxil non quedaron na chegada ao equipo da británica Chantelle Pressley, que xa debutou co equipo na última xornada de liga na que estiveron preto de dar a sorpresa ante o segundo clasificado.
A directiva do club pontevedrés, tras reunirse este domingo, acordou ‘cortar’ á estadounidense Janea Williams e condecerlle a baixa federativa.
No Arxil non se atopaban satisfeitos co rendemento dunha xogadora que chegou para ser determinante no xogo interior e que estaba lonxe dos números esperados. En concreto Williams alcanzou de media 5 puntos e 4,8 rebotes nos 9 partidos disputados coas verdes, cun pobre 3,4 de valoración.
A pívot norteamericana, que vivía a súa primeira experiencia fóra de Estados Unidos tras o seu paso pola liga universitaria, xa non foi da partida na última xornada da Liga Feminina 2.
Con este movemento, referendado polos bos números da recentemente chegada Pressley no seu debut (15 puntos e 6 rebotes), as pontevedresas confían en poder mellorar os seus rexistros para pelexar pola permanencia na categoría.
FUENTE: PONTEVEDRAVIVA.COM