O Club Baloncesto Arxil tropezou co Barakaldo na mañá deste domingo para sumar unha nova derrota en Liga Feminina 2. Chegaban coa cabeza alta as de Mayte Méndez despois de vencer ao Azkoitia Azpeitia na xornada anterior onde demostraron o seu bo xogo.

Con todo, aínda que Sara Castro fixo das súas e liderou ao Arxil cos seus 27 puntos, non foron suficientes para gañar (68-60).

Comezou o partido con imprecisións en ambos os lados, con ningún equipo capaz de anotar ata pasados os tres minutos de xogo. Abriu a lata Aina Martín para o Barakaldo, pero enseguida respondeu Sara Castro cun triplo co que deu a volta ao marcador. Aínda que o Arxil seguiu atopando dificultades para ver aro, a canaria, con 10 puntos ás súas costas, permitiu ás verdes acabar o primeiro acto mandando (10-12).

O conxunto vasco saíu máis intenso no segundo cuarto, facendo sufrir a un Arxil incapaz de facerse cos rebotes defensivos e cedía un parcial de 10-0 (30-22). Nos últimos compases as verdes reaccionaron para reducir distancias e chegar ao descanso a catro puntos do Barakaldo (30-26).

Dominou o Arxil tras o paso polos vestiarios, igualando por momentos pero incapaz de poñerse por diante no marcador. Sara Castro seguía facendo das súas, mantendo vivas ás de Pontevedra cos seus 20 puntos. Co 43-41 finalió o terceiro acto, deixando por todo por decidir nos últimos 10 minutos.

O equipo visitante seguiu metido no duelo durante os primeiros instantes, impedindo que o Barakaldo dominase con claridade (48-45). Nese momento, o Arxil empezou a perdoar, cometendo erros nos seus pases e cedendo un parcial de 7-0 que as poñía contra as cordas.

Parou o cronómetro Mayte Méndez pero non deu coa tecla para reverter a situación senón que a distancia xa foi insalvable a falta de dous minutos (64-56). Aínda que as de Pontevedra mantiveron o ritmo respondendo as canastras rivais, non quedaba tempo para máis e o partido concluíu en 68-60.

Consulta as estatísticas do Barakaldo-Arxil

FONTE: PONTEVEDRAVIVA.COM