Moi preto estivo o Arxil de vencer ao Estudiantes no partido disputado esta fin de semana no CGTD de Pontevedra. A pesar de que tiñan que afrontar o partido sen Natalia López por un problema no xeonllo, as de verde plantaron cara ao seu rival pero de nada serviu xa que finalmente a vitoria levárona as de Madrid por 63-68.

O conxunto adestrado por Mayte Méndez saíu como viña facendo nos últimos partidos, fortes en defensa para dominar no marcador. Desta maneira, durante os primeiros compases do encontro conseguiron un parcial de 10-0 que o Estudiantes remontou para finalizar o primeiro parcial cun resultado de 20-21.

No segundo cuarto, as de Pontevedra mantiveron a mesma intensidade que o seu rival e, sen baixar os brazos, conseguiron a renda ao seu favor para chegar ao descanso cunha vantaxe de 1 punto, 26-25.

Despois do paso polo vestiario, o partido continuou igualado durante o primeiros cinco minutos do terceiro cuarto, pero o Estudiantes aos poucos conseguía distanciarse ata os 14 puntos chegando ao final do terceiro cuarto (35-49).

Co partido practicamente decantado a favor das visitantes, os nervios xogaron unha mala pasada e o Arxil foi capaz de reducir a distancia ata quedar a 6 puntos e con aínda dous minutos por diante.

A pesar de que as de verde tentárono ata o último momento, finalmente escapóuselles a vitoria e o resultado definitivo foi de 63-68.

Consulta as estatísticas do CB Arxil-Estudiantes.

Fuente: Pontevedraviva.com