Mal partido o realizado polo CB Arxil na súa visita ao Alcobendas, un dos aspirantes para disputar o play off de ascenso. O conxunto madrileño, que viña de gañar o últimos tres partidos, competiu con igualdade ante as arxilistas ata o comezo do terceiro cuarto, momento no que se afastaron no marcador deixando sen opcións ás de Pontevedra.

Un tiro de tres de María Lago inauguraba un partido que se antollaba complicado para o Arxil, xa que as locais enseguida deron a volta ao marcador para irse por diante durante todo o primeiro cuarto (21-15), vantaxe que se reduciu ao comezo do segundo cuarto cun tiro de tres da norteamericana Forster. Con todo, os erros nos lanzamentos das arxilistas eran maiores que os do seu rival e viuse reflectido no 37-29, resultado co que se chegou ao descanso.

O refacho anotador das de Mayte Méndez reduciuse máis tras o intermedio, encestando 8 puntos fronte aos 29 do Alcobendas (66-37). A pesar diso, tentaron dar a volta ao partido da man de Forster (16 puntos) e de María Lago (13 puntos), pero nada puideron facer e finalmente caeron por un avultado 93-54, acumulando a súa sexta derrota esta tempada.

O próximo compromiso do Arxil é contra o Ferrol, equipo que se atopa en cuarta posición con 8 partidos gañados e 2 perdidos.

Consulta aquí as estatísticas do partido.

Fuente: Pontevedraviva.com