O Arxil volveu este sábado á competición ante o CBF Cerdanyola nun choque contra un rival directo. As pontevedresas chegaron á décima terceira xornada de liga co obxectivo de alcanzar a súa primeira vitoria fóra da casa e, pola súa banda, as locais, ancoradas á última posición con todo derrotas, loitando, aínda que sen froitos, por deixar atrás a súa mala xeira. Finalmente, a vitoria galega, sumada, á súa vez, á derrota do Maristas Coruña, fixo posible que as de Mayte Méndez abandonasen os postos de descenso.

A primeira parte foi completamente para as visitantes. Un cuarto inicial impecable (12-21) supuxo, desde o principio, unha cómoda vantaxe, que iría aumentando progresivamente ao longo da mesma. Mostra diso, e como dato revelador, foi o feito de que o equipo catalán non puidese gañar ningún dos 3 restantes.

O segundo tempo, totalmente distinto. Ao cadro local veulle ben o seu paso polo vestiario, o que fixo que resultase este moito máis equilibrado. Ambos os parciais, aínda sendo gañados polas galegas (14-15 e 11-12), satisfixeron moito máis ao público barcelonés que os anteriores e deixaban crible (aínda que fose pouco probable) a posibilidade de remontada. Con todo, non ocorreu tal cousa. A vantaxe adquirida durante o primeiro tramo do encontro foi unha laxa demasiado pesada como para que sucedese, finalizando, así, cun resultado bastante avultado a favor das ‘verdes’ (47-65).

A destacar, unha vez máis, o fantástico partido realizado por Gala Mestres (19 pts). Ela, xunto co gran xogo interior mostrado, sobre todo, nestas últimas xornadas, están a ser as principais bazas do Arxil para tentar manterse fóra da zona vermella da táboa.

Conclúe, desta forma, a primeira volta. A pesar dun inicio nada esperanzador, o final foino algo máis. Durante a próxima semana, as de Méndez prepararán o partido ante o Mataró, onde buscarán o desquite (esta vez en Cataluña) e prolongar a súa boa serie actual, alcanzando a súa terceira vitoria consecutiva.

Consulta as estatísticas do Cerdanyola-Arxil.

FUENTE: PONTEVEDRAVIVA.COM