O Club Baloncesto Arxil regresou á competición ligueira para enfrontarse ao Leganés no partido correspondente á 13 xornada de Liga Feminina 2.

O encontro comezou para as de Pontevedra, que levaron a iniciativa para finalizar o primeiro cuarto cunha vantaxe de tres puntos de diferenza (14-17). Xa ao comezo do segundo, o Leganés, liderado por Rakovic (30 puntos), poñía o pé no acelerador e lograba o seu maior diferencia ata o momento (25-17), con todo, o Arxil conseguía salvar as distancias cun tiro de Rosendal e chegar ao descanso cun resultado de 29-23.

Despois do intermedio, comezou o desastre das de Mayte Méndez que non conseguían ver aro. Foron Carla Fernández e Forster as únicas que conseguiron anotar neste terceiro cuarto conseguindo tan só 8 puntos fronte aos 20 do seu rival.

Chegaban os últimos 10 minutos e o partido estaba practicamente sentenciado a favor do Leganés. Rakovic facía o que quería, mentres que o Arxil agarrábase aos lanzamentos de Rosendal e de Cristina Diaz, ambas con doce puntos, para facer menos avultada a derrota.

Finalmente, o partido concluíu cun avultado 71-43 que supón a décima derrota do Arxil esta tempada.

Consulta as estatísticas do Leganés-Arxil na seguinte ligazón.