Un ano máis, e xa van 18, o Club Baloncesto Arxil tomou a rúa para promocionar o seu deporte co seu 3×3 escolar.

Ata 32 canastras instaláronse na Avenida Montero Ríos durante a mañá deste xoves para gozar do “maior evento de promoción deportiva dos que se celebran no Concello”, recoñeceu a concelleira de Deportes en funcións, Anxos Riveiro.

“É unha proba que para nós supón un esforzo organizativo importante”, sinalou á súa vez Mayte Méndez en representación do club pontevedrés.

Na cita tomaron parte 1.281 escolares de 3º a 6º curso de Primaria dos centros CPR San José, CEIP San Benito de Lérez, CEIP Froebel, CEIP Barcelos, CEIP Campolongo, CEIP Manuel Vidal Portela, CEIP Carballal, CEIP Xunqueira 2, Calasancias e  Doroteas, ademais da Asociación Virxe de la O.

 

FUENTE: PONTEVEDRAVIVA.COM