O Centro de Galego de Tecnificación Deportiva acolleu esta fin de semana o encontro entre o Arxil e o GDKO Ibaizábal. A pesar de que as de Pontevedra empezaron ben, un mal segundo cuarto deixounas sen opcións de vitoria.

O duelo comezou co Arxil anotando as primeiras canastras e indo por diante no marcador, pero cando quedaban 2 minutos para que concluíse o primeiro cuarto, o seu rival deu a volta ao marcador e logrou unha diferenza de 4 puntos (11-15). No segundo cuarto as cousas cambiaron e as opcións de vitoria das locais íanse afastando despois de anotar tan só 10 puntos fronte aos 29 do seu rival, para chegar ao descanso cun resultado de 21-44.

Despois do intermedio, o Arxil conseguiu recortar a vantaxe que a separaba do seu rival para poñerse a tan só 12 puntos, pero ante esa situación, o Ibaizábal reaccionou cunha forte defensa para volver ampliar a diferenza e finalizar o terceiro cuarto cun 39-62.

Quedaba o último cuarto e o partido estaba sentenciado a favor do conxunto vasco que se afastou aínda máis do marcador chegar ao final do partido cun 51-71.

Consulta as estatísticas do Arxil-GDKO Ibaizábal.

FUENTE: PONTEVEDRAVIVA.COM