Inmellorable debut ligueira para o Arxil nunha nova tempada da Liga Feminina 2 de baloncesto.

O equipo pontevedrés venceu con autoridade este domingo ao Segle XXI barcelonés (68-46) nun partido disputado no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

As verdes mostraron un gran nivel defensivo durante todo o encontro, e en base a iso comezaron a dominar o marcador desde o primeiro cuarto (17-10).

O choque continuou polos mesmos camiños ata o descanso (31-23) e foi no terceiro parcial cando o Arxil deu o golpe definitivo. As de Mayte Méndez mantiñan a concentración en defensa pero melloraban o seu acerto en ataque para distanciarse (56-36).

Sen capacidade de reacción polo bando catalán, o encontro terminou por decidirse sen sobresaltos.

Destacado foi o debut da colombiana Tatiana Mosquera, sen apenas adestrar aínda co grupo pero que sumou en menos de 20 minutos de xogo 18 puntos e 5 rebotes, sendo a máxima anotadora. A pivote estivo ben secundada na pintura por Ana Román (16 puntos) e tamén por María Lago (12).

Consulta aquí as estadisticas do CB Arxil-Segle XXI.

 

FUENTE Y FOTOS: PONTEVEDRAVIVA.COM