Vitoria moi valiosa a do Club Baloncesto Arxil esta fin de semana fronte un rival directo, o Barakaldo. As de Mayte Méndez, que viñan de sumar tres derrotas no últimos cinco partidos de liga, realizaron un bo partido que deixaron practicamente sentenciado no segundo acto de xogo a pesar dun comezo moi igualado.

María Lago foi a encargada de inaugurar o marcador cun lanzamento de dous, dando paso a uns minutos nos que cada canastra do Arxil era respondida con outra do Barakaldo chegando ao final do primeiro acto cun resultado de 15-12.

Ao comezo do segundo, Puchetti desde a liña de tres, encestó para ampliar momentaneamente a renda dun Arxil que sufriu durante os primeiros compases permitindo ao seu rival que igualase o encontro. Con todo, despois dos 5 minutos de xogo e con María Lago liderando, as de verde conseguiron despegar para irse en 12 puntos ao chegar ao descanso (35-23).

Tras o paso polo vestiario o dominio das locais continuou. Nada máis pitar o inicio, María Lago (18 puntos) aumentou a renda para inaugurando un cuarto practicamente perfecto para as súas co que deixaron o partido sentenciado antes de chegar aos últimos 10 minutos (56-36), onde o Arxil seguiuse mostrando superior e sentenciou o encontro cun contundente 69-46.

Consulta as estatísticas do Arxil-Barakaldo na seguinte ligazón.

Fuente: Pontevedraviva.com