logo

14.03.2013

Comenza en Vigo e Pontevedra a firma dos contratos de patrocinio dos clubs de alta competición de Galicia

Un total de 65 equipos beneficiaranse deste Plan para a presente tempada 2012/2013, cunha inversión total de 1.742.400 euros

Vigo e Pontevedra, 13 de marzo de 2013.- O secretario xeral para o Deporte, e Vicepresidente Executivo da Fundación Deporte Galego, José Ramón Lete, comezou hoxe en Vigo e Pontevedra a firma dos contratos de patrocinio dos clubs de alta competición de Galicia, e que o levará nos próximos días á Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo e Ourense.

O Plan, iniciado na tempada 2009/2010, pon de manifesto, segundo Lete Lasa, que “o deporte galego, e dentro del, os nosos clubs de alta competición, son inmellorables embaixadores de Galicia: levan a nosa marca, e os galegos sentímonos correlativamente representados neles”.

Na presente tempada, un total de 65 equipos quedan englobados no Plan, representando unha ampla variedade de modalidades deportivas: bádminton, baloncesto e baloncesto en cadeira de rodas, balonmán, béisbol, fútbol e fútbol sala, hóckey herba e a patíns, rugby, tenis de mesa e voleibol. Todos estes equipos teñen en común contar con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel en modalidades deportivas en que a competición de máximo nivel se desenvolve, na categoría absoluta, en sistema de liga regular á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría e cun volume de desprazamentos frecuente.

Lete Lasa quixo remarcar a moi destacada presenza do deporte feminino: “como en edicións precedentes, o deporte feminino acada un moi destacado volume de investimento, pero este ano, ademais, vese reforzado fronte a pasadas tempadas: 30 equipos na 2010/11, 32 na 2011/12 e 34 na 2012/2013”, apuntou o secretario xeral. Este incremento na presenza de equipos femininos ten o seu correlativo reflexo no incremento da dotación económica invertida: 861.000 euros fronte aos 834.000 do pasado exercicio.

27 equipos de Vigo e Pontevedra, cunha inversión orzamentaria de mais de 695.00 euros

No ámbito do Plan, José Ramón Lete asinou hoxe os contratos cos equipos das zonas de influenza de Vigo e Pontevedra: un total de 27, dos que 3 son mixtos, 10 masculinos e 14 femininos.

Trátase en concreto do Club Bádminton As Neves, Club Deportivo Bosco, Sociedad Deportiva Octavio Vigo, Club Balonmán Cangas, Club Balonmán Porriño, Club Balonmán Atlet. Guardés, Halcones de Vigo Béisbol Club, Federación de Peñas Recreativas » El Olivo», Erizana Clube de Fútbol de Baiona, Sárdoma Club de Fútbol, Coruxo Club de Fútbol, Club AMFIV, Traviesas Hockey Club, Vigo Rugby Club, Club Vigo de Voleibol, Xuvenil de Teis, Club Bádminton Estradense, Agrupación Deportiva Cortegada, Club Baloncesto Arxil, Atlético Arousana, Poio Fútbol Sala, Leis 26 Fútbol Sala, Liceo Casino Vilagarcía, Club Cambados Tenis de Mesa, Tenis de Mesa Monte Porreiro (masculino e feminino) e o A.D. Vincios.

140313lete2

140313lete3