Estimado/a Presidente/a,

 

Quero agradecerlle a súa colaboración e participación no acto de formalización do convenio de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia para o exercicio 2018. É importante ter presente que esta actividade de comunicación organizada pola Fundación Deporte Galego serve tamén de recoñecemento ao apoio e compromiso mostrado polo outro patrocinador, ABANCA, e que axuda na busca de novos patrocinadores. A difusión e publicidade das marcas son fundamentais para un plan de patrocinio.

 

Xunto remítolle as imaxes tomadas durante o acto de formalización para a súa máxima difusión.

 

Quedando á súa disposición, reciba un cordial saúdo.

 

Marta Míguez Telle

Presidenta da Fundación Deporte Galego