O Arxil non consegue abandonar a mala racha que lle acompaña desde o comezo da presente tempada, na que aínda non conseguiu finalizar un só partido como gañador. A última oportunidade tívoa esta fin de semana ante o Ibaizábal, quinto clasificado. Non souberon aproveitala as locais, que, unha vez máis, quedaron por detrás no marcador.

A pesar da gran diferenza de puntos (54-72), os dous equipos tiveron momentos de rigorosa igualdade durante o encontro, pero noutros as mulleres de Mayte Méndez non lograron superar ás visitantes, que lles fixeron complicada a chegada ao aro.

O primeiro parcial foi para as vascas, que souberon sacarlle partido aos erros locais, xa que estas tardaron algo máis en meterse no xogo. Por iso, as do Ibaizábal finalizaron o primeiro parcial cunha vantaxe de 7 puntos (17-24).

Con todo, durante os seguintes 10 minutos as locais pareceron centrarse e conseguir manter a cabeza fría para tratar de darlle a volta ao resultado. A pesar de que o tentaron, non foron quen de alcazar ás visitantes, pero si de igualar o cuarto. A pesar diso, as pontevedresas marcharon o descanso por detrás no marcador (30-38).

Tras o regreso dos vestiarios, máis do mesmo. Durante o terceiro parcial non conseguiron sumar máis que 8 puntos fronte ás vascas, que as superaron con fartura (unha diferenza de 10 puntos). E aínda que o tentaron durante os últimos 10 minutos de partido, conseguindo un cuarto igualadísimo, as locais non puideron impoñerse aos seus rivais, do mesmo xeito que no anteriores tres xornadas.

Consulta a acta do Arxil-Ibaizábal.

Fuente y fotos: pontevedraviva.com