Coa tranquilidade de encarrilar a permanencia despois de vencer os dous últimos partidos que o Arxil disputou como local contra rivais directos pola salvación, as verdes recibiron este sábado ao cadro leonés, que aínda conserva aspiracións de ascender á zona nobre da clasificación. A diferenza de potencial entre ambos equipos quedou clara desde o inicio do partido e as visitantes acabaron levándose o triunfo de forma máis que solvente (50-75).

A escasa porcentaxe de acerto das de Mayte Méndez en tiros de campo (28 %) foi clave para decantar a balanza en favor das visitantes, moito máis acertadas de fronte ao aro (45 %).

Desde o primeiro cuarto o partido decantouse ao lado leonés, que ao finalizar o primeiro período xa gañaban por seis pntos. Unha vantaxe que se ía a ser moito maior ao descanso, porque as verdes só foron capaces de anotar catro tantos en todo o segundo cuarto (37-18).

Coa vitoria xa asegurada, a tensión do partido baixou e o Arxil empezou a atoparse máis cómodo e a ofrecer un mellor xogo. Foi así como as verdes foron aos poucos reducindo as distancias no marcador. 

Pero diante da ameaza de que as visitantes se metesen na pelexa pola vitoria, Patatas Hijolusa volveu apertar o acelerado no último cuarto para sentenciar o choque. 

Consulta nesta ligazón todas as estatísticas do partido

Fuente: pontevedraviva.com