Ambos conxuntos contan con novas incorporacións (Coello polo Celta e Puchetti, no Arxil) para esta gran cita
O primeiro duelo galego do ano na Liga Feminina 2 xógase este fin de semana (o sábado 18 de xaneiro ás 18.30 horas). O pavillón de Navia será o encargado de acoller esta gran cita do baloncesto entre o Celta Zorka Recalvi e o C.B Arxil.
Ambos conxuntos chegan a este partido en posicións moi dispares na competición. O Celta Zorka Recalvi é sétimo con 21 puntos. Só as separan do líder, o Movistar Estudiantes, catro puntos. O seu obxectivo nesta primeira xornada da segunda volta é a consistencia.
“Fixemos unha primeira parte da liga un pouco irregulares. Baixo o meu punto de vista técnico. Como obxectivo de equipo da Liga Feminina 2 será un pouco máis de consistencia. Como xeral o club propúxose estar en fase de ascenso”, dixo Cristina Cantero, a adestradora do Celta, nunha entrevista para As Nosas.
Por parte do cadro pontevedrés, na táboa, atópanse con tan só 16 puntos na duodécimo lugar. O Arxil, ademais, leva unha racha de sete derrotas. A última vitoria foi no mes de novembro ante o Añares Rioja. Polo que a meta é moi distinta.
“O fin deste equipo vai a seguir sendo o título de manter a categoría. Apostamos por unha liña de traballo e nos falta consolidar resultados. Pelexaremos por mellorar o rendemento e os resultados, aínda que completamos partidos bos fáltanos constancia”, apuntou Maite Méndez para As Nosas.
Ao duelo galego, en ambos equipos chegan novas incorporacións
Non vai a ser un partido doado. O punto de rivalidade sempre está presente. Como sinalou Cristina Cantero, “os duelos son sempre complicados xa que as xogadoras e os adestradores nos coñecemos moi ben por pertencer a mesma comunidade”.
No caso das viguesas, para esta cita chegan coa duda de Tamara, aínda que esperan que poda estar na bancada. Polo Arxil, Natalia López e Alex Ghisleni. Ademais, de todas as aquelas que están cun proceso gripal.
A primeira xornada da Liga Feminina 2 xa albergou o primeiro encontro entre pontevedresas e viguesas. Estas últimas saíron do CGDT coa vitoria por 20 puntos de diferenza. A xogadora dese partido foi Helmi Toulonen con 11 puntos. Mais a finlandesa non está no plantel vigués.
“O máis temido en xeral é o fondo da bancada. Nese partido o fixemos moi ben pero o que nos faiou foi o último cuarto, que non estivemos moi acertadas” di Maite Méndez.
Non estará Toulonen pero sí Ángela Coello. A xogadora, natal de Vigo, volveu ao seu equipo no mercado de inverno tras uns meses nos Estados Unidos. “A súa personalidade é o seu punto forte. Destaco ademais as súas gañas de traballar que suma moitísimo no día a día”, dixo a súa adestradora, Cantero.
O Arxil tamén ten unha nova incorporación. Esta semana o club anunciou o fichaxe de Johanna Puchetti. “É unha xogadora moi intensa en ataque e en defensa. E moi comprometida e axudaranos a sumar”.
Cantero falou tamén sobre a arxentina. “Isto lles dará unha rotación máis que para elas é moi importante. Tamén fará que xoguen con máis pezas. Polo que me me estiven informando, Johanna é unha boa catro cunha mecánica de tiro e ten moita experiencia”.
De primeiras non saberemos que sucederá. O que si, que no pavillón de Navia, ambas afeccións estarán expectantes para vivir esta gran festa galega no baloncesto. “É verdade que nos partidos que xogamos en casa estamos atraendo a moita xente. Pero sí que se nota a diferenza cos derbis porque aumenta. Este fin de semana seguro que virán os afeccionados do Arxil, desde Pontevedra”, apunta Cantero sobre a espectación en Navia.
DATOS DE INTERESE
DÍA E HORA: 18 de xaneiro, ás 18.30 horas.
CAMPO: Pavillón de Navia – Vigo (Pontevedra)
ÁRBITROS: Iván Escariz Torres e Christian Abalo Buceta.
INCIDENCIAS: Partido correspondente a xornada 14 da Liga Feminina 2
Fuente: ASNOSAS – Patri Campos