El Arxil A es el campeón del I Trofeo Benjamín Vigo – Arosa en su 1ª edición

Logo2

 

El CB Arxil  «A» de benjamines que participó en el Torneo Seis do Nadal – Coia(Vigo-Arosa) finalizó campeón tras ganar  a todos sus rivales : 
En primer lugar fue al Carmelitas, en segundo lugar al colegio Acacias de Vigo y en tercer lugar al anfitrión, el Seis Do Nadal.

IMG-20130615-WA0000

CRÓNICA : CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL COIA

O DÍA DO BENXAMÍN VIGO-AROUSA DO SEIS DO NADAL BOTA A ANDAR CUNHA ÉXITOSA PRIMEIRA EDICIÓN

 

 

.

 

O club Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizou o pasado sábado día 15 de xuño do 2013 a Primeira dicióndo Día do Benxamín Vigo-Arousa nas instalacións e no exterior do pavillón municipal de Navia.

.

Un total de 24 equipos de categoría benxamín procedentes das delegacións de Vigo e Arousa participaron no I Día do Benxamín que organizou a entidade viguesa na recta final da presente tempada 2012/2013. O escenario do evento foi o polideportivo municipal de Navia no que houbo catro pistas cubertas no interior do pavillón e dúas pistas ao aire libre no seu exterior. Nestas seis pistas disputáronse máis de 30 partidos de categoría benxamín desde as 10:00 horas ata as 14:00 horas.

.

Seis do Nadal Masculino «A», Seis do Nadal Masculino «B», Seis do Nadal Feminino, Porriño Bto. Base Masculino, Porriño Bto. Base Feminino, Porriño Bto. Base Escolar, Ándersen Masculino, Ándersen Feminino, Las Acacias, Salesianos Vigo Mixto 1, Salesianos Vigo Mixto 2, Salesianos Vigo Mixto 3, Airexa Nigrán Feminino, Redondela Mixto, Carmelitas, Miralba Mixto e Maristas Masculino, foron os conxuntos de Vigo que participaron na xornada. Liceo Casino Masculino «A», Liceo Casino Masculino»B», Liceo Casino Masculino «C», CB Arxil Feminino, CB Grove Turimares Masculino e CB Grove Amalfi Feminino, foron os combinados de Arousa que participaron nesta primeira edición do Día do Benxamín Vigo-Arousa. A estes conxuntos se lle sumou o equipo benxamín do Básket Club de Gaia, combinado luso invitado ao evento.

 

.

 

Os máis de 300 nenos e nenas que participaron no I Día do Benxamín Vigo-Arousa tiveron a oportunidade de achegarse ao deporte do kin-ball nunha actividade de iniciación que tivo cada combinado participante entre partido e partido de baloncesto.

 

.

 

No acto de clausura do evento e na entrega de premios do Día do Benxamín Vigo-Arousa 2012/2013 estiveron presentes D. Abel Caballero, Alcalde do Concello de Vigo; D. Manel Fernández, Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo;Dna. Concepción Martins, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia; D. Aalí Mohamed, Presidente de Honra do Seis do Nadal; D. Julio Rodríguez, Directivo da entidade viguesa; e D. Pablo García, en representación do Hospital Perpetuo Socorro El Castro.

 

O Día do Benxamín Vigo-Arousa organizado polo Baloncesto Seis do Nadal – Coia botou a andar cunha éxitosa primeira edición, edición que será continuada tempada tras tempada e que rematou cunha foto que xuntou a tódolos participantes, deportistas e técnicos.

FUENTE: WEB CB SEIS DO NADAL COIA.

 

Deja un comentario

− 1 = 3