Logo2

O equipo santiagués do CB Cluny proclamouse campión da xornada de

categoría feminina do 13º Torneo Internacional de Minibásquet
2013 «30 Anos co Deporte Base», unha cita anual do Club Baloncesto

Seis do Nadal Coia coas categorías inferiores que se celebrou no Pavillón
Municipal de Navia o pasado domingo 28 de abril do 2013.

Este Torneo de Minibásquet, un dos campionatos con maior tradición e
prestixio da comunidade galega, que xa está a celebrar a súa décimo terceira
edición, convoca ao mellor das canteiras de baloncesto da cidade de Vigo, da
comunidade autónoma de Galicia e de Portugal, reunindo a máis de 400
deportistas e preto de 40 técnicos.

O pasado domingo celebrouse a xornada de categoría feminina na que
participaron 12 equipos: os dous conxuntos do Seis do Nadal, Porriño Bto.
Base, C.B. Arxil (Pontevedra), C.B. Airexa (Nigrán), Pío XII (Santiago de
Compostela), Salesianos (Vigo), Cluny (Santiago de Compostela), C.B. Baiona
Torvigo (Vigo), Compañía de María (Vigo), Básquet Coruña (A Coruña) e Marín
Peixegalego.

As dúas semifinais femininas enfrontaron aos combinados do Cluny Santiago
e Pío XII, e ao C.B. Arxil e Compañía de María; combinados que lideraron os
seus grupos na fase previa de clasificación disputada durante toda a mañá. O
Cluny Santiago venceu na súa semifinal cunha ampla vantaxe (61-21), mentres
que o Compañía de María lograba o pase á final nun igualado e intenso partido
(41-50).

O partido final do torneo de categoría feminina enfrontou ao Cluny Santiago e
ao Compañía de María de Vigo. O partido foi protagonizado por unha constante
igualdade no electrónico, rematando a primeira metade cun 16-10 e chegando
ao útlimo período cun 24-23 e con todo aínda por decidir. Foi no último período
onde as xogadoras do CB Cluny conseguían a maior vantaxe do encontro (35-
27 final), facéndose así co trofeo de campioas do torneo.

O partido polo terceiro e cuarto posto enfrontou ao Pío XII e ao C.B. Arxil,
partido que dominou o combinado de Pontevedra ao longo de todo o encontro
conseguindo xa na primeira metade unha ampla vantaxe (17-30). Ao final
do encontro o marcador amosaba un 37-56 a favor do C.B. Arxil, terceiro
clasificado da xornada feminina do torneo.

A quinta posición do campionato foi disputada entre o equipo anfitrión, Seis do
Nadal «A», e o Salesianos Vigo, equipos que venceron nos seus cruces dos
segundos clasificados dos grupos de clasificación ao Porriño Baloncesto e ao
Básquet Coruña. O marcador rematou outorgando a quinta posición do torneo
ao Salesianos Vigo amosando un 46-70 final.

Na clausura do 13º Torneo Internacional de Minibásquet 2013 estiveron
presentes Abel Caballero, Alcalde do Concello de Vigo; Manel Fernández,

Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo; Concepción Martins, Presidenta
do Club Baloncesto Seis do Nadal; Francisca García e Antonio Iglesias;
membros da Xunta Directiva da entidade; Sergio González, Director Deportivo
do Seis do Nadal – Coia; Ánxeles Rivela, Directora do Colexio Seis do
Nadal; Manolo Dapena; Director do Colexio Celso Emilio Ferreiro; e Natalia
Montenegro, en represetanción de Zona Franca..

la foto