PECHE DE ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS Martes, 31 de maio de 2011.

1.000 nenos/as participarán o vindeiro martes 31 de maio a partir das 16.00 horas no festival de peche de Escolas Deportivas Municipais do ano 2010-2011 e nas modalidades de: Judo, Loita, Ximnasia Artística e Rítmica, Taekwondo, Voleibol, Fútbol e Fútbol Sala, Tenis de mesa, Baloncesto, Balonman, Rugbi, Xadrez, Atletismo e Educación Física de Base e Tríatlon.

As Exhibicións, talleres, torneos e partidillos, entre outras serán coordinados polas entidades responsables das diferentes escolas: Judo Club Pontevedra, Club de Loita Pontevedra, Treboada, Ximnasia Pontevedra, Ximnasia Rías Baixas, Anpa Os Campos, Anpa O Miradoiro, Voleibol Pontevedra, CDAR Xece, Leis 26 de F.S., Anpa Virxe do Carme, Anpa Volvoreta, Club Tenis de Mesa Monteporreiro, S.D.Teucro, Cisne, A.J. Lérez, Pontevedra C.F., Portero 2000, S.D. Salcedo, Salgueiriños, Rugbi Pontevedra, Mareantes Rugby Club, Federación Galega de Tríatlon, Escola Xadrez Pontevedra, Sociedade Gimnástica de Pontevedra, Baloncesto Estudiantes dos Institutos, Arxil, Juan XXIII e Baloncesto Base Pontevedra.

A novidade deste año é a inclusión de:
a) Un duatlón organizado pola Escola de Tríatlon Pontevedra.
b) Un partido de Fútbol Sala entre a Escola deportiva Grupos Especiais do Juan XXIII e xogadoras/es do Leis 26 de F.S.

Farase unha foto de familia e entregarase aos nenos/as un agasallo e unha merenda (auga e froita enviados por Begano e Froiz).

Máis información nos archivos adxuntos ou no Pavillón Municipal de Deportes (986.87.20.13)