O CB Arxil está a preparar un intenso mes de maio cargado de actividades de promoción e fomento do baloncesto na cidade de Pontevedra. Todo comezará os días 3 e 4 coa caravana do Road Show de la Federacion Española de baloncesto, que estará montada na praza de España, con dúas pistas 3 x 3.
Dende 4 ata o 8 de maio disputarase o Campionato de España júnior, nas súas dúas sedes do Estadio da Xuventude e do pavillón Príncipe Felipe, en cuxa organización o Arxil colabora co Estudantes de Pontevedra e o Peixe Galego de Marín.
O luns día 5 celebrarase o tradicional 3 x 3 escolar, con participación dos colexios de Pontevedra e Marín e para o que xa hai inscritos máis de 1.000 alumnos, o que será cifra record de todas as edicións.
Pero a nivel de club o CB Arxil está inmerso nunhas competicións que poden ser determinantes para o futuro inmediato, xa que a falta dunha xornada o Arxil Mafari Café, segundo equipo sénior, pode clasificarse esta semana en Ferrol para a fase de ascenso que podería tamén celebrarse en Pontevedra, tras a renuncia da Federación de Castela e León a organizala, do día 15 ao 18 de maio.
Por outro lado, o equipo júnior comezará esta fin de semana a fase de ascenso á primeira división feminina, obxectivo primordial desta tempada.
En infantís, o Arxil A está a buscar a clasificación para a fase final do Campionato de España de clubs, que se celebra en Pontevedra do 15 ao 21 de xuño. Polo momento o conxunto verde lidera a clasificación, a falta de 5 xornadas para a conclusión da liga.
Para pechar, en minibasket o Arxil A busca a clasificación para a fase final galega que se disputará en Santiago o 7 e 8 de xuño. Actualmente ocupa o primeiro posto do grupo centro da liga galega, a falta de 6 partidos, e se consegue proclamarse campión galego, do 25 ao 28 de xuño, tamén en Santiago, disputaría o Jamboree (campionato de España de clubs de minibasket).
CRÓNICA Y FOTO: PONTEVEDRA VIVA