O proceso electoral á presidencia do Club Baloncesto Arxil vaise pechar sen sorpresas.
Milagros Sanmartín ‘San’ seguirá a ser a presidenta da entidade deportiva durante o próximos catro anos, ao ser a súa a única candidatura presentada ao peche do prazo establecido.
Desta forma San dará continuidade á súa xestión dos últimos anos á fronte do Arxil.
Unha vez validada a súa candidatura por parte da Xunta Electoral establecida, e ao ser a única opción proposta, Milagros Sanmartín será directamente proclamada de novo presidenta do club nunha asemblea de socios prevista para o vindeiro luns 18 de decembro.