NOTA DE PRENSA
Dende o ano 2007, apoiou a súa actividade deportiva femenina aportando un total de 158.994 euros
A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONCEDE UNHA AXUDA DE 19.000 EUROS AO CLUB BALONCESTO ARXIL
A deputada Ana Isabel Vázquez fixo entrega hoxe dunha axuda de 19.000 euros ao Club Baloncesto Arxil de Pontevedra que milita na Liga Feminina 2 e conta con varios equipos de deporte base, e que preside Milagros Sanmartín.
A Deputación ven colaborando tradicionalmente con este club pontevedrés para que poida manter a súa actividade dentro do deporte federado e tamén para que leve a cabo accións como O Deporte na Rúa que tén lugar na avenida de Montero Ríos.
Dende o ano 2007, a Deputación concedeu ao CB Arxil un total de 158.994 euros desglosados así: 37.994 euros (2007), 34.000 (2008), 24.000 (2009), 20.000 (2010), 24.000 (2011) e 19.000 euros (2012).
Pontevedra, 27 de novembro de 2012
Saúdos. Gabinete de Comunicación