Segue sumando derrotas o Club Baloncesto Arxil tras caer este sábado ante o Cortegada en Vilagarcía. Tratábase dun partido de vital importancia para afastarse dos postos de descenso, e así o demostrou o equipo local, que obrigou ao seu rival para ir a remolque en todo momento. Aínda que as de Mayte Méndez viron a luz ao final do túnel ao regresar do vestiario para poñerse cunha diferenza de 3 puntos, ao Cortegada non lle tremeu o pulso e aumentou a renda para seguir dominando terminar sentenciando en 58-40.

Comezou sufrindo o Arxil, véndose cun parcial de 7-0 en contra. Con todo, cos triplos de Cristina Díaz e de Sara Castro lograron romper a mala serie en ataque para recortar diferenzas e meterse no partido (7-6). Ata aí chegaron os bos minutos das de verde, que baixaron os brazos e nun visto e non visto viron como o Cortegada facíase co dominio total do partido para poñerse cun resultado de 21-10 co que finalizou o primeiro cuarto.

Foi mellor o Arxil no segundo acto aínda que por mínimos detalles. Aumentaron a intensidade en defensa para evitar que o seu rival pisase o acelerador e deixase case sentenciado o partido antes de chegar ao descanso, e lograron facerse co cuarto aínda que non co dominio do marcador (31-21).

Durante o intermedio, Mayte Méndez pareceu dar coa clave para trastornar os plans do rival, cunhas Castro e Díaz activas en ataque que recortaron diferenzas para obrigar ao técnico local a parar o cronómetro (34-31). Aínda que parecera que as de Pontevedra podían dar a volta ao electrónico, nese momento produciuse outro punto de inflexión onde o Cortegada impuxo a súa autoridade para deixar practicamente sen opcións ao rival (47-33).

A reacción non chegou no último acto, onde as xogadoras do Arxil estreláronse unha e outra vez contra unha sólida defensa vilagarciá. Aínda que Moreira (9 puntos) e Forster (7 puntos) tentaron reducir a renda, o Cortegada foi mellor de fronte ao aro e sentenciou o encontro en 58-40.

FONTE: PONTEVEDRAVIVA.COM