Club Baloncesto Arxil cumpre este curso nada menos que 34 tempadas de aposta e traballo en favor do seu deporte.

Milleiros de xogadoras pasaron polas súas filas ao longo dos anos, nalgún dos seus moitos equipos de base.

Todos eles, desde a categoría baby ata a sénior, protagonizaron este martes a presentación oficial da tempada 18/19 no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, demostrando a boa saúde do proxecto.

O acto, toda unha tradición xa no club, consistiu no desfile de todas as xogadoras do club por categoría, finalizando co equipo absoluto de Liga Feminina 2 e unha foto de grupo de toda a familia arxilista.

Fuente: Pontevedraviva.com