O Arxil segue de doce e supera o Córdoba (71-58)

O Club Baloncesto Arxil segue de doce esta tempada e despide o ano cunha nova vitoria, esta vez sobre o Córdoba. As pupilas de Mayte Méndez reaccionaron no último cuarto e lograron o seu undécimo triunfo para marchar ás vacacións de Nadal con bo sabor de boca.

Foi un partido do todo igualado, onde ningún conxunto foi capaz de impoñer o seu ritmo para facerse dono do marcador. Iso si, ata o últimos dez minutos, momento no que conxunto pontevedrés púxose ao choio para seguir dominar e sentenciar cun claro 71-58. 

O acerto para a canastra de Buzadzin e Ruth Adams, con 19 e 17 puntos, foi decisivo nesta nova vitoria na que María Lago fíxose con 11 rebotes, fundamentais para levar en bolandas a un Arxil que finaliza o ano da mellor maneira posible.

Consulta as estatísticas do CB Arxil-Córdoba

Deja un comentario

98 − 93 =