O CB Arxil, comezou este luns a pretemporada coa vista posta no primeiro encontro de liga no que se enfrontarán ao Celta o 5 de outubro.
Para este ano, o principal obxectivo do equipo que dirixe Maite Méndez, é chegar ao partido contra o club vigués da mellor forma posible, xa que este ano terán que afrontar unha tempada máis esixente que a anterior debido á distribución da Liga na que están encadradas cos equipos madrileños e cataláns.
Coas fichaxes de Natalia López, Heather Fooster e Linnea Rosendal, o persoal do club queda integrada por Adriana Aparicio, Noa Casalderrey, Marga Moreira, Cristina Díaz-Pache, Carla Fernández, María Lago e Aldara Vázquez ademais do compromiso do xogadoras do filial que fan que o Arxil conte cun persoal máis amplo que outros anos para afrontar esta nova tempada.