Onte as nosas adestradoras e pais do equipo seleccionado de minibasket do clube baloncesto arxil para participar na iniciativa de Obaloncestoeduca , coñeceron de primeira man o proxecto no que van participar.

Co obxectivo de reunir aos diferentes protagonistas que conforman o baloncesto galego para reflexionar en común sobre comportamentos, reaccións e decisións tomadas por todos durante os partidos de competición oficial, a Federación Galega de Baloncesto realizou estas primeiras tomas de contacto cos adestradores do  clube baloncesto arxil  e pais Neste marco de debate, puxéronse sobre a mesa as inquedanzas, dúbidas e reflexións precisas para arrincar unha plataforma que busca revalorizar o papel do baloncesto como transmisor de valores dende as categorías base.

Experiencia piloto
Esta primeira edición de “O Baloncesto Educa” toma como referencia un equipo de categoría minibasket de cada un dos oito clubs participantes, conformando xunto a eles, así como cos seus adestradores, xogador@s e familias dos mesmos, a primeira peza dun puzzle que completan os árbitros e o persoal mediador elixido pola FGB para dirixir esta estrutura.

Todos os implicados son parte dun traballo de concienciación e avaliación que ao remate da experiencia validarase en forma de puntos, que se irán acumulando nun casilleiro para cada equipo como mostra do seu progreso.