Un ano máis, e xa van 18, o Club Baloncesto Arxil tomou a rúa para promocionar o seu deporte co seu 3×3 escolar.
Ata 32 canastras instaláronse na Avenida Montero Ríos durante a mañá deste xoves para gozar do «maior evento de promoción deportiva dos que se celebran no Concello», recoñeceu a concelleira de Deportes en funcións, Anxos Riveiro.
«É unha proba que para nós supón un esforzo organizativo importante», sinalou á súa vez Mayte Méndez en representación do club pontevedrés.
Na cita tomaron parte 1.281 escolares de 3º a 6º curso de Primaria dos centros CPR San José, CEIP San Benito de Lérez, CEIP Froebel, CEIP Barcelos, CEIP Campolongo, CEIP Manuel Vidal Portela, CEIP Carballal, CEIP Xunqueira 2, Calasancias e Doroteas, ademais da Asociación Virxe de la O.
FUENTE: PONTEVEDRAVIVA.COM