Pontevedra repetirá este ano como anfitrioa para o Campionato de España de Clubs Infantil Feminino. Esta cita nacional, que xa se celebrou na capital do Lérez o pasado ano, traerá de novo á cidade pontevedresa a un total de 32 equipos de toda España para competir polo título de Campións entre o 14 e 20 de xuño.
Uva Ponce, campión Infantil da edición 2014
O Alcalde Pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores; e o Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín Micó; rubricaron esta mañá, oficialmente e sobre papel, esta designación, a cal posibilita desfrutar de novo en Galicia e en Pontevedra, en concreto, de todo un Campionato de España.
(Foto: Pontevedraviva)
O Concello de Pontevedra continua así coa súa aposta polo Baloncesto Base e avala o positivo dun evento de alta competición como este Nacional, reclamo que o pasado ano xa trouxo a Pontevedra arredor de 3.500 persoas.
A edición 2015 do Campionato conta coa entregada colaboración do C.B.Arxil, equipo de baloncesto feminino de referencia na cidade. Entre todos, e contando coas instalación do Pavillón Universitario, do CGTD e do Príncipe Felipe, sempre e cando o Pavillón Municipal de Deportes se atope en obras; darase vida a unha organización que promete repetir éxito.